DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a medio de normalización lingüística de Administración especial incluída na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 115, do 15 de xuño de 2023, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a medio de normalización lingüística, subgrupo A2, escala de Administración especial, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello que está incluída na oferta de emprego público de 2022.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente