DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47949

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ares

EDICTO de cambio de clasificación de equipamentos do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado polo Acordo plenario na sesión do 31 de xullo de 2023 o cambio de clasificación duns terreos situados na rúa de Celso Emilio Ferreiro de equipamento deportivo a equipamento educativo (sistemas xerais de equipamentos SXEQ-03 e SXEQ-04) no CPI As Mirandas, consistente no cambio dunha área de 336,40 mts cualificada como equipamento deportivo a equipamento docente e motivado co fin de encaixar o programa de necesidades para ampliación do CPI As Mirandas que dotará o centro de 6 aulas e espazo de foro, así como biblioteca e unha aula nova de psicomotricidade, co quórum da maioría absoluta legal dos membros da Corporación segundo os artigos 47.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, 42 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 65 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e o PXOM de Ares. Conseguintemente publícase o devandito acordo.

Así mesmo, faise constar que foi remitido o documento da modificación de cambio de clasificación, debidamente dilixenciado, en soporte dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do Regulamento da citada lei.

Ares, 4 de agosto de 2023

Julio I. Iglesias Redondo
Alcalde