DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se autoriza a ampliación dun establecemento de acuicultura sito no polígono industrial de Cuíña, concello de Cervo (Lugo) (expediente PE503A 2021-4).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 18 de xullo de 2023, se autoriza a ampliación do establecemento de acuicultura en zona terrestre que se describe:

Titular: Acuidoro, S.L.U. (B15139785).

Tipo de establecemento: criadeiro.

Especies autorizadas: rodaballo (Scophtalmus maximus) e linguados (Solea solea y Solea senegalensis).

Localización: polígono industrial de Cuíña, San Cibrao, Cervo, Lugo.

Proxecto: ampliación das instalacións de acuicultura.

O informe de impacto ambiental do proxecto fíxose público mediante o Anuncio do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, inserido no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 23 de xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica