DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47775

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC-UGT Galicia),

DISPOÑO:

A renovación de José Ramón Piñeiro Rodríguez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación das organizacións sindicais.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar