DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47660

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023 pola que se dá publicidade da adhesión dunha entidade financeira ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 28 de marzo de 2023, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes). As ditas bases publícanse mediante a Resolución do 9 de maio de 2023 (DOG núm. 90, do 11 de maio).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, o 26 de xullo de 2023, adhírese a entidade financeira Cajamar Caja Rural, S.C., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Cajamar Caja Rural, S.C. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca (financiamento Igape-pemes).

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica