DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasía da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) David, fracción primeira, número 6014, na provincia da Coruña.

A sociedade Pasek Minerales, S.A.U., con enderezo en Mina Dunita, Landoi, s/n, en Cariño (A Coruña), presentou nesta xefatura territorial unha solicitude de outorgamento de demasía do dereito mineiro en vigor, denominada David, fracción 1ª, número 6014, de acordo co establecido na disposición transitoria sétima da Lei 21/1973, do 21 de xuño, de minas, e en aplicación dos artigos 2 e 3 do Real decreto 294/2016, do 15 de xullo, polo que se establece o procedemento para a xestión de dereitos mineiros e dos dereitos de dominio público de hidrocarburos afectados polo cambio de sistema xeodésico de referencia, do terreo franco e non rexistrable existente en 9 cuadrículas mineiras ocupadas parcialmente polas concesións de explotación de recursos mineiros da sección C) David, fracción 1ª, número 6014, e Herbeira, número 6076, situadas en Cariño, A Coruña.

A designación do terreo solicitado, en coordenadas xeográficas segundo o sistema de referencia ETRS89, é a seguinte:

Número de vértice

Xeográficas ETRS89 fuso 29

UTM ETRS89 fuso 29

Lonx.

Lat.

X

Y

1

-07º 54’ 49,87”

43º 41’ 38.58”

587.527.276

4.838.465.731

2

-07º 54’ 47.37’’

43º 41’ 39.92’’

587.582.818

4.838.507.871

3

-07º 54’ 47.25’’

43º 42’ 28.48’’

587.565.844

4.840.005.894

4

-07º 56’ 29.89’’

43º 42’ 28.57’’

585.268.800

4.839.978.914

5

-07º 56’ 29.89’’

43º 42’ 27.22”

585.269.305

4.839.937.175

6

-07º 54’ 49.79’’

43º 42’ 27.13’’

587.509.442

4.839.963.634

Resulta unha designación final do perímetro da concesión de explotación, en coordenadas xeográficas no sistema de referencia ETRS89:

Número de vértice

Lonx.

Lat.

Pp

-07º 54’ 49.87”

43º 41’ 38.58”

1

-07º 54’ 47.37’’

43º 41’ 39.92’’

2

-07º 54’ 47.25’’

43º 42’ 28.48’’

3

-07º 56’ 29.89’’

43º 42’ 28.57’’

4

-07º 56’ 29.89’’

43º 42’ 27.22”

5

-07º 55’ 03.28’’

43º 41’ 22.40’’

6

-07º 55’ 34.54’’

43º 41’ 22.43’’

7

-07º 55’ 34.49’’

43º 41’ 38.61’’

8

-07º 56’ 19.11’’

43º 41’ 38.65’’

9

-07º 56’ 19.09’’

43º 41’ 54.83’’

10

-07º 56’ 41.39’’

43º 41’ 54.85’’

11

-07º 56’ 41.35’’

43º 42’ 27.22’’

12

-07º 54’ 49.79’’

43º 42’ 27.13’’

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasía poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º andar, A Coruña, ou no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería, no enderezo

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

e presentar as alegacións que consideren no prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto; BOE núm. 295, do 11 de decembro, e o artigo 21 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña