DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número 25 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno do Concello de Vilanova de Arousa do 17 de xullo de 2023 aprobou inicialmente a modificación puntual número 25 das Normas subsidiarias do planeamento municipal, tramitada por instancia particular, para regularización urbanística no lugar de San Simón, Baión.

De conformidade co disposto nos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 144.6 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), sométese o documento a exposición e información pública durante un prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Entre a documentación inclúese proposta de Convenio urbanístico de planeamento, conforme o artigo 168 da LSG e 401 do RSLG.

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do concello, sita na casa consistorial, 3º andar (praza do Concello, 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa na epígrafe do taboleiro de anuncios>Urbanismo.

Vilanova de Arousa, 1 de agosto de 2023

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde