Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta xefatura territorial, do 26.5.2023, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada instalación de reconectador no apoio nº D23-A-3 da LMTA BEG707, no concello de Betanzos (expediente IN407A 2022/041-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 70), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, que contará a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 11 de xullo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente IN407A 2022/041-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de reconectador no apoio nº D23-A-3 da LMTA BEG707.
Concello: Betanzos.
Parcela |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Titularidade proposta |
1 |
501 |
355 |
Peregrina |
Hrdos. de José Castro Rodeiro |