De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao ignorarse o lugar da notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 19 de xullo de 2023
A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 1.7.2019)
María Pérez Folgueira
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias
ANEXO
Expediente: MON-LU-0016/2018-FOR.
NIF interesado/a: 34245157C.
Acto notificado: imposición de primeira multa coercitiva.