DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47297

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal temporal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de: 1 técnico superior de Actividades Científico-Técnicas.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Vigo, 31 de xullo de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar