DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2023/188-1).

Expediente: IN407A 2023/188-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de CTI na LAMT CDR-806 Villela-Mera 6 e reordenación da RABT.

Termo municipal: Cedeira.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña CDR-806 autorizado no expediente 27.434 (derivada a CTI Formigueiro), de 532,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio con matrícula B0FXHIYL, metálico tipo celosía A-AL-C-2000/16-CR-6xCA e o apoio con matrícula B0RA7LIX, metálico tipo celosía A-AG-C-2000/16-CR-6xCA, consistente en:

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15022A502209270000UE, de xeito intercalado entre o apoio con matrícula B0FXHIYL e o apoio que se vai substituír con matrícula B0LGBN3R, dun novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/18-H35-6xCA(CS), que se identificará co nº N-1.

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15022A502109270000UF, do apoio con matrícula B0LGBN3R de formigón tipo HV-1000/13, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-6xCA(CS), en que se proxecta a instalación dunha cruceta para derivación e de elementos de protección e manobra tipo XS.

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15022A502109270000UF, dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/12-H35-6xCA(CS), que se identificará co nº N-2.

– Substitución do condutor tipo LA-56 (condutor existente) por un novo condutor tipo LA-56, no van da liña CDR-806 de 135,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio con matrícula B0LGBN3R unha vez substituído e o apoio con matrícula B0NUVWSJ, metálico de celosía tipo A-AG-C-2000/16-CR-6xCA existente.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no treito da liña CDR-806 de 270,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio con matrícula B0FXHIYL existente e o apoio con matrícula B0LGBN3R unha vez substituído.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no treito da liña CDR-806 de 135,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio con matrícula B0NUVWSJ existente e o apoio con matrícula B0RA7LIX existente.

Instalación, no apoio nº N-2 proxectado, dun novo centro de transformación intemperie, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, con cadro de baixa tensión, pararraios autoválvulas e interruptor tipo Isodis con relé de imaxe térmica.

Instalación de liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, de 32 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio con matrícula B0LGBN3R unha vez substituído e remate no CTI proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT intemperie Formigueiro (matrícula: 15AU67), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto aéreo de baixa tensión (RBTA), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado, de 916 metros de lonxitude, en condutores tipo RZ 3(1 x 25/54,6 mm2 Al/Alm), RZ 3(1 x 50/54,6 mm2 Al/Alm), RZ 3(1 x 95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1 x 150/80 mm2 Al/Alm), que implica a instalación de nove (9) novos apoios de formigón e a desmontaxe de 747 metros da rede aérea existente en condutores tipo LC-28, RZ 2(1 x 16 mm2 Al), RZ 2(1 x 25 mm2 Al), RZ 3(1 x 50 mm2 Al) e RZ 3(1 x 50/54,6 mm2 Al/Alm), ademais da retirada e/ou substitución dos apoios de madeira e formigón sobre os que se atopa actualmente tendida.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 11 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de CTI na LAMT CDR-806 Villela-Mera 6 e reordenación da RABT

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Cedeira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Marie Madeline Hanus Catherine

15022A502209270000UE

Vilela

Novo apoio nº N-1

2

Prados ou pradarías

2

Descoñecido

15022A502109270000UF

Vilela

Novos apoios nº B0LGBN3R e nº N-2 (CT)

4

31,61

504,78

Prados ou pradarías