DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2023 Páx. 47197

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A).

A Resolución do 30 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A), establece o marco das axudas para a promoción dos produtos con indicativo de calidade. O 29 de xuño de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de xuño de 2023 para a ampliación do crédito dispoñible da dita resolución.

As axudas convocadas consisten en subvencións para grupos de produtores para a realización de accións de promoción, asistencia a feiras, organización de feiras, así como a realización de estudos de mercado ou xornadas divulgativas. Estas axudas teñen por finalidade incentivar as actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 14 das bases reguladoras, e tendo en conta o orzamento dispoñible, procede resolver a convocatoria.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Resolución do 30 de decembro de 2022 (publicada no DOG do 2 de febreiro de 2023), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 da convocatoria, polas contías que se reflicten no dito anexo, e con cargo á aplicación 14.A2.713D.781.0, código de proxecto 2016.00194, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

A finalidade destas axudas é financiar actividades das agrupacións de produtores relacionadas con actuacións de información e promoción destinadas a inducir ás persoas consumidoras a adquirir produtos incluídos no marco de programas de calidade diferenciada dos alimentos, como son as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas ou os alimentos de produción ecolóxica.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria do 30 de decembro de 2022 e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) As cantidades son concedidas en virtude dun programa cofinanciado co 75 % polo Feader incluído dentro da medida 3 «Réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios», do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020. Esta medida é especialmente relevante aos intereses da área focal 3A «Mellora da competitividade dos produtos primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de sistemas de calidade, valor engadido aos produtos agrícolas, a promoción en mercados locais e circuítos de distribución curtos, as agrupacións de produtores e as organizacións interprofesionais», contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos transversais de innovación e ambiente.

c) Para proceder ao pagamento da subvención o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Resolución do 30 de decembro de 2022 e, sen superar a data límite de xustificación que se establece nesta resolución, presentar a seguinte documentación:

– Xustificantes dos investimentos ou gastos realizados e relación numerada deles, xunto coa documentación que acredite o seu pagamento.

– Declaración do beneficiario sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin (conforme o modelo de declaración do anexo II da Resolución do 30 de decembro de 2022).

– Xustificante da entidade bancaria que acredite a existencia da conta a nome do beneficiario da subvención.

– Certificado da situación censual, onde conste expresamente a situación tributaria do beneficiario da axuda en relación co IVE, e se figura de alta en obrigas periódicas para os efectos do IVE (certificado emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria).

– Documentación específica que se sinala no artigo 15 da Resolución do 30 de decembro de 2022.

d) Infórmaselle, ademais, de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas de acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas da Administración pública galega, e do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

e) Só se admitirán modificacións na execución dos investimentos subvencionables nas condicións sinaladas no artigo 16 da Resolución do 30 de decembro de 2022.

f) En todas as actividades informativas e publicitarias subvencionadas cumprirase o estipulado no anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 (DOUE núm. 227, do 31 de xullo).

g) A data límite para a xustificación da subvención concedida será o día 10 de outubro de 2023.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO I

Aprobacións

NIF

Beneficiario

Expediente

Investimento

Inv. subv.

% subv.

Subvención

Actividade subvencionada

V32252496

Agrupación para o desenvolvemento e formación do sector apícola de Galicia A.I.E.

0-001-13F-23

19.965,00

19.965,00

50,00

9.982,50

Organización de feiras

V27218643

Craega

G-001-13F-23

235.800,00

235.800,00

70,00

165.060,00

Promoción

V27218643

Craega

G-002-13F-23

57.888,16

57.888,16

70,00

40.521,71

Asistencia a feiras

Q7755068I

CRIXP Pataca de Galicia

G-003-13F-23

11.325,36

11.325,36

70,00

7.927,75

Promoción

V27218643

CRAEGA

G-004-13F-23

39.681,95

39.681,95

70,00

27.777,37

Estudos e xornadas

Q8255004G

CRDO Valdeorras

G-005-13F-23

134.720,80

134.720,80

70,00

94.304,56

Promoción

G27196575

CRDO Ribeira Sacra

G-006-13F-23

89.284,24

89.284,24

70,00

62.498,97

Promoción

Q8255004G

CRDO Valdeorras

G-007-13F-23

11.536,63

11.536,63

70,00

8.075,64

Asistencia a feiras

G27196575

CRDO Ribeira Sacra

G-008-13F-23

28.270,70

28.270,70

70,00

19.789,49

Asistencia a feiras

Q8255201I

CRDO Ribeiro

G-009-13F-23

42.307,00

42.307,00

70,00

29.614,90

Asistencia a feiras

Q8255203E

CRDO Monterrei

G-010-13F-23

31.000,00

31.000,00

70,00

21.700,00

Asistencia a feiras

Q8255203E

CRDO Monterrei

G-011-13F-23

49.000,00

38.000,00

70,00

26.600,00

Asistencia a feiras

Q8255203E

CRDO Monterrei

G-012-13F-23

63.588,28

63.588,28

70,00

44.511,80

Promoción

Q8255201I

CRDO Ribeiro

G-013-13F-23

137.219,00

137.219,00

70,00

96.053,30

Promoción

Q8255201I

CRDO Ribeiro

G-014-13F-23

125.077,00

125.077,00

70,00

87.553,90

Promoción

Q8255201I

CRDO Ribeiro

G-015-13F-23

30.039,00

30.039,00

70,00

21.027,30

Asistencia a feiras

Q8255201I

CRDO Ribeiro

G-016-13F-23

45.000,00

45.000,00

70,00

31.500,00

Organización de feiras

Q2701019H

CRIXP Grelos de Galicia

G-017-13F-23

16.000,00

16.000,00

70,00

11.200,00

Promoción

Q1500366H

CRIXP Pemento do Couto

G-018-13F-23

2.000,00

2.000,00

70,00

1.400,00

Promoción

Q1500362G

CRIXP Tarta de Santiago

G-019-13F-23

24.000,00

24.000,00

70,00

16.800,00

Promoción

Q2701013A

CRIXP Faba de Lourenzá

G-020-13F-23

5.000,00

5.000,00

70,00

3.500,00

Promoción

Q1500357G

CRDO Pemento de Herbón

G-021-13F-23

21.000,00

21.000,00

70,00

14.700,00

Promoción

G27196575

CRDO Ribeira Sacra

G-022-13F-23

28.400,00

28.400,00

70,00

19.880,00

Asistencia a feiras

V15211303

CRIXP Mel de Galicia

G-023-13F-23

50.281,00

50.281,00

70,00

35.196,70

Promoción

Q8655602D

CRDOP Queixo Tetilla

G-024-13F-23

18.919,00

18.919,00

70,00

13.243,30

Promoción

G27152446

CRDOP Cebreiro

G-025-13F-23

3.500,00

3.500,00

70,00

2.450,00

Asistencia a feiras

Q1500342I

CRIXP Carne de Vacún de Galicia

G-026-13F-23

386.600,00

386.600,00

70,00

270.620,00

Promoción

Q1500342I

CRIXP Carne de Vacún de Galicia

G-027-13F-23

21.060,00

21.060,00

70,00

14.742,00

Asistencia a feiras

Q1500343G

CRDOP Arzúa-Ulloa

G-028-13F-23

66.680,56

66.680,56

70,00

46.676,39

Promoción

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-029-13F-23

697.505,50

697.505,50

70,00

488.253,85

Promoción

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-030-13F-23

46.851,00

46.851,00

70,00

32.795,70

Organización de feiras

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-031-13F-23

43.201,67

38.571,43

70,00

27.000,00

Asistencia a feiras

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-032-13F-23

44.636,20

44.636,20

70,00

31.245,34

Asistencia a feiras

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-033-13F-23

9.000,00

9.000,00

70,00

6.300,00

Estudos e xornadas

Q1500435A

CRIXP Pan Galego

G-034-13F-23

20.000,00

20.000,00

70,00

14.000,00

Promoción

Q8255200A

II.XX Augardentes e Licores T. de Galicia

G-035-13F-23

9.131,96

9.131,96

70,00

6.392,37

Promoción

Q8255004G

CRDO Valdeorras

G-036-13F-23

28.744,90

28.744,90

70,00

20.121,43

Promoción

Q8255004G

CRDO Valdeorras

G-037-13F-23

57.934,20

57.142,85

70,00

40.000,00

Organización de feiras

Q8655602D

CRDOP Queixo. Tetilla

G-038-13F-23

1.502,30

1.502,30

70,00

1.051,61

Asistencia a feiras

Q1500343G

CRDOP Arzúa-Ulloa

G-039-13F-23

3.367,78

3.367,78

70,00

2.357,45

Asistencia a feiras

G27152446

CRDOP. Cebreiro

G-040-13F-23

1.049,22

1.049,22

70,00

734,45

Promoción

G27152446

CRDOP Cebreiro

G-041-13F-23

2.649,00

2.649,00

70,00

1.854,30

Promoción

Q3200121F

CRIXP Pemento da Arnoia

G-042-13F-23

2.500,00

2.500,00

70,00

1.750,00

Promoción

Q8255203E

CRDO Monterrei

G-044-13F-23

67.000,00

57.142,85

70,00

40.000,00

Organización de feiras

Q8255203E

CRDO Monterrei

G-045-13F-23

278.751,81

278.751,81

70,00

195.126,27

Promoción

Q8655030H

CRDO Rías Baixas

G-046-13F-23

9.900,00

9.900,00

70,00

6.930,00

Asistencia a feiras

Q1500343G

CRDOP Arzúa-Ulloa

G-047-13F-23

47.367,50

47.367,50

70,00

33.157,25

Promoción

Q8255004G

CRDO Valdeorras

G-048-13F-23

32.960,82

32.960,82

70,00

23.072,57

Asistencia a feiras

G27152446

CRDOP Cebreiro

G-049-13F-23

1.098,78

1.098,78

70,00

769,15

Organización de feiras

V32321481

CRIXP Pan de Cea

G-050-13F-23

2.995,60

2.995,60

70,00

2.096,92

Asistencia a feiras

V32321481

CRIXP Pan de Cea

G-051-13F-23

4.200,00

4.200,00

70,00

2.940,00

Promoción

V32321481

CRIXP Pan de Cea

G-052-13F-23

11.250,00

11.250,00

70,00

7.875,00

Promoción

V32321481

CRIXP Pan de Cea

G-053-13F-23

12.369,60

12.369,60

70,00

8.658,72

Organización de feiras

V15211303

CRIXP Mel de Galicia

G-054-13F-23

3.000,00

3.000,00

70,00

2.100,00

Asistencia a feiras

Q7755068I

CRIXP Pataca de Galicia

G-055-13F-23

41.000,00

41.000,00

70,00

28.700,00

Promoción

Q7755068I

CRIXP Pataca de Galicia

G-056-13F-23

9.730,00

9.730,00

70,00

6.811,00

Asistencia a feiras

V27152925

CRDOP San Simón da Costa

G-057-13F-23

15.151,00

15.151,00

70,00

10.605,70

Promoción

Q8655602D

CRDOP Queixo Tetilla

G-058-13F-23

39.273,00

39.273,00

70,00

27.491,10

Promoción

V70206974

CRIXP Castaña de Galicia

G-059-13F-23

25.924,51

25.924,51

70,00

18.147,16

Promoción

V70206974

CRIXP Castaña de Galicia

G-060-13F-23

3.113,50

3.113,50

70,00

2.179,45

Asistencia a feiras

V15211303

CRIXP Mel de Galicia

G-061-13F-23

29.500,00

29.500,00

70,00

20.650,00

Promoción

Q8255200A

CRIIXX Augardentes e Licores T. de Galicia

G-062-13F-23

54.500,00

54.500,00

70,00

38.150,00

Promoción

Q8255200A

CRIIXX Augardentes e Licores T. de Galicia

G-063-13F-23

4.103,87

4.103,87

70,00

2.872,71

Asistencia a feiras

Q8255200A

CRIIXX Augardentes e Licores T. de Galicia

G-064-13F-23

894,52

894,52

70,00

626,16

Asistencia a feiras

G27319730

Asociación de Queixeiros San Simón da Costa

L-001-13F-23

22.915,46

22.915,46

70,00

16.040,82

Organización de feiras

G27319730

Asociación de Queixeiros San Simón da Costa

L-002-13F-23

5.000,00

5.000,00

70,00

3.500,00

Promoción

G36597201

Asociación Ruta do Viño Rías Baixas

P-001-13F-23

47.557,32

47.557,32

60,00

28.534,39

Promoción

G36531325

Asociación Adegas do Salnés

P-002-13F-23

3.125,21

3.125,21

30,00

937,56

Promoción

ANEXO II

Denegacións

NIF

Beneficiario

Expediente

Tipo de expediente

G053460002

Xuntos saborea Galicia

P003-13F-23

Organización de feiras

G16777765

Asociación Galega de Operadores Artesanais de Alimentación e Pensos

P004-13F-23

Organización de feiras

Q32001121F

CR IXP Pemento da Arnoia

G042-13F-23

Asistencia a feiras