No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 234/2023 (procedemento abreviado), interposto por José Miguel Barreira Pereira, contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 18 de xaneiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se publica a relación definitiva de profesionais admitidos e a súa puntuación definitiva, e se abre o prazo para a elección de destino no procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal fixo de diversas categorías do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (categoría: enfermeiro/a).
O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada no apartado de experiencia profesional.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos