DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47090

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se resolve o proceso de selección do posto de Dirección de Calidade, Prevención e Medio Ambiente en Retegal.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, modificado polo Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

Con data do 26 de xullo de 2023, o Tribunal de selección nomeado para a cobertura do posto de Dirección de Calidade, Prevención e Medio Ambiente da Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., propuxo como candidato seleccionado a Juan Cores Calvo.

O Consello de Administración, con data do 28 de xullo de 2023, en base ao disposto no punto nove das bases reguladoras da convocatoria de selección, acordou nomear como director de Calidade, Prevención e Medio Ambiente de Retegal a Juan Cores Calvo.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración de Retegal