DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 47049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de xullo de 2023, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente de responsabilidade patrimonial RP-2020-0214-C.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que teña coñecemento do acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si mesma ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para comparecer, logo de cita, no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, núm. 3, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (excepto festivos), así como para presentar as alegacións correspondentes.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.

A Coruña, 18 de xullo de 2023

Mónica Vidal Regueira
Instrutora do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente: RP-2020-0214-C.

DNI/NIF/CIF: 54150506L.

Acto de notificación: comunicación de trámite de audiencia.