DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46863

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO de requirimento do cumprimento de deberes en materia de xestión da biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao non ter constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo. A publicación realízase segundo establece o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por notificación infrutuosa.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Para coñecer o contigo íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na rúa Gabino Bugallal 39, Leiro, das 9.00 ás 14.45 horas, de luns a venres.

Leiro, 5 de xullo de 2023

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde

ANEXO

Expediente: 153/2023.

Interesado: descoñecido.

Acto de notificación: requirimento do cumprimento de deberes en materia de xestión de biomasa vexetal, parcelas con número de referencia catastral 32041A039000300000KK e 32041A039000300001LL.