DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2023 Páx. 46823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/2208-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 13 de xullo de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4 do Decreto 24572009, do 30 de abril)
Alejandro Alcalde Varela
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A2023/2208-2

Juan L. Neira Expósito

Resolución estimatoria

PR204A2023/2413-2

Elis M. Abreu López

Resolución estimatoria

PR204A2023/2421-2

Noureddine Bertat

Resolución estimatoria

PR204A2023/2454-2

Javier Castro Fraga

Resolución estimatoria

PR204A2023/2461-2

Antonio Linares Ron

Resolución estimatoria

PR204A2023/2470-2

Eduardo Zurita Ropero

Resolución estimatoria

PR204A2023/2485-2

Manuel Martínez Rodríguez

Resolución estimatoria

PR204A2023/2536-2

Pedro Ramudo Pita

Resolución estimatoria

PR204A2023/2576-2

Verónica Cuadrado Lozano

Resolución estimatoria

PR204A2023/2742-2

Julio López Ferro

Resolución estimatoria

PR204A2023/2823-2

Fernando López Gómez

Resolución estimatoria

PR204A2023/2885-2

Johan González Ossa

Resolución estimatoria