DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46601

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se convocan cursos de formación para persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

De acordo co convenio de colaboración subscrito o 6 de xullo de 2023 entre a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (en diante, CRTVG) e a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que presten servizo na Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (en diante, CRTVG), que se atopen en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Acceso ás actividades formativas de emerxencia e primeira intervención

O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) https:// egap.xunta.gal e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivera rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, agás que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico xestion.egap@xunta.gal

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. indicará o persoal que realizará esta formación.

O criterio de selección será por orde de inscrición ata esgotar a totalidade das prazas.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. A asistencia

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

1. A EGAP e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Cualificación

Modalidade/
localidade

Data inicio

Data fin

Data exame

Lingua galega

CV23059

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

30

40

Aproveitamento

Teleformación
+ telepresenza

11.9.2023

4.10.2023

9.10.2023 ás 16.30 horas

Telepresenza:

– 12 e 28 de setembro das 16.30 ás 18.30 horas.

– 14, 19, 21 e 26 de setembro das 6.30 ás 19.30 horas.

Portal de idiomas

CV23064

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6)

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

50

Aproveitamento

Teleformación

18.9.2023

6.11.2023

9.11.2023 ás 17.30 horas

Plan formativo ofimático de Galicia

CV23060

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

50

Aproveitamento

Teleformación

18.9.2023

6.11.2023

9.11.2023 ás 16.30 horas

CV23061

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

30

Aproveitamento

Teleformación

26.9.2023

26.10.2023

2.11.2023 ás 16.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

CV23063

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

30

Aproveitamento

Teleformación

23.10.2023

22.11.2023

27.11.2023 ás 17.00 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

CV23066

Organización e simplificación do traballo administrativo

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

12

Aproveitamento

Teleformación

3.11.2023

16.11.2023

21.11.2023 ás 18.00 horas

CV23067

Prevención e xestión de conflitos

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

25

Aproveitamento

Teleformación

26.9.2023

20.10.2023

26.10.2023 ás 18.00 horas

CV23068

Protocolo institucional na Administración pública

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

20

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

22.11.2023

27.11.2023 ás 18.00 horas

Igualdade e violencia de xénero

CV23062

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

20

Aproveitamento

Teleformación

11.9.2023

29.9.2023

4.10.2023 ás 16.30 horas

CV23065

Muller, medios de comunicación e TIC

Persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG)

50

25

Aproveitamento

Teleformación

26.10.2023

20.11.2023

24.11.2023 ás 17.30 horas