DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46702

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante de técnico medio de xestión de Secretaría, grupo A, subgrupo A2.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 119, do 21 de xuño de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir definitivamente, mediante o sistema de selección de oposición, a praza de técnico medio de xestión de Secretaría, da escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A, subgrupo A2, reservada a funcionarios de carreira, incluída na oferta de emprego público do ano 2021 e que se corresponde co posto nº 01.00.00.03 da relación de postos de traballo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 23 de xuño de 2023

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde