DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello de Petín (expediente IN407A 2021/125-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA RUA806-apoios núm. 12-25 e 12-26, no concello de Petín, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 12 de xullo de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/125-3.

Instalación: regulamentación da LMTA RUA806-apoios núm. 12-25 e 12-26.

Concello: Petín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Fonte Grande

32061A004001040000TI

Casimiro

Martínez Trincado

Enderezo descoñecido

7.7.2023