DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46558

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR852A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 27.6 da Orde do 29 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022, publícanse as subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2022.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 2 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1, cun importe total de 1.000.000 de euros, accións formativas e actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral, de carácter intersectorial.

Na liña 2, cun importe total de 490.000 euros, cursos de formación sectoriais e a realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial.

Norma reguladora: Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 18, do 27 de xaneiro de 2022).

Crédito orzamentario: 1.490.000 € (un millón catrocentos noventa mil euros), recollido na aplicación orzamentaria 11.03.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias da liña 1

Entidade

NIF

Importe

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

460.000,00 €

APE Galicia

G36550630

24.400,00 €

Arigal

G36345718

18.289,00 €

Unión Xeral de Traballadores Galicia (UGT Galicia)

G15383011

165.000,00 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

172.200,00 €

Central Sindical Independente de Funcionarios (CSIF)

G79514378

34.500,00 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

126.111,00 €

Beneficiarias liña 2

Entidade

NIF

Importe

Unións Agrarias-UPA

G15115322

30.000,00 €

Asociación Agraria de Galicia

G94114675

16.800,00 €

Clúster Galego Téxtil Moda

G36681039

12.000,00 €

Anfaco-Cecopesca

G36625309

6.400,00 €

Fundamar

G27745397

30.000,00 €

Asime

G36614774

30.000,00 €

Agtamar

G94116993

7.200,00 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

30.000,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

29.630,00 €

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

G27023951

30.000,00 €

Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia

G70507488

22.970,00 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

54.750,00 €

Fed. Nac. Serv. Mobilidade e Consumo UGT Galicia

G87589909

60.000,00 €

UGT FICA Galicia

G87582524

30.000,00 €

UGT-Servizos Públicos de Galicia

G78085149

29.760,00 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

17.596,00 €

Central Sindical Independente de Funcionarios CSIF

G79514378

27.680,00 €

Sindicato Fetico Galicia

G15312424

25.214,00 €