DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón (expediente IN407A 2010/268-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo (expediente IN407A 2010/268-1), mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de agosto de 2023, a favor da entidade beneficiaria Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo no paseo Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas, Madrid.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 28, 29, 30 e 31 de agosto, así como os días 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de setembro de 2023, no concello de Rois; os días 13, 14 e 15 de setembro de 2023, no concello de Brión; o día 19 de setembro de 2023, no concello de Teo; e o día 20 de setembro de 2023, no concello de Padrón, para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos citados concellos, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 3 de outubro de 2019, no BOP do 16 de setembro e no xornal La Voz de Galicia do 15 de outubro, acto ao que poderán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles a data e os horarios do levantamento efectivo das actas previas á ocupación e que terá lugar nas oficinas das casas consistoriais dos citados concellos, todo isto sen prexuízo da posibilidade de acudir ao terreo se nese acto as persoas interesadas ou quen as represente así o soliciten.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña