DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación SDM711 do apoio 11 ao 15, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/126-4).

A instalación denominada Regulamentación SDM711 do apoio 11 ao 15 foi declarada de utilidade pública mediante resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 9 de marzo de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 27 de outubro de 2023, a partir das 12.30 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 6 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Regulamentación SDM711 do apoio 11 ao 15.

Núm.

Referencia catastral

Lugar

Titular

Núm. apoio

m2 solo

1

54057A030002070000AK

Cerdeiros

María del Pilar Álvarez Simón

11

2

2

54057A030002160000AE

Cerdeiras

Carmen Costa Iglesias

12

2

3

54057A030001550000AS

Sanín

Rosa Villar Iglesia

14

2