DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2019/00046).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por resultar descoñecido o seu domicilio.

As persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 11 de xullo de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 11.4, Decreto 245/2009, do 30 de abril)
Alejandro Alcalde Varela
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Núm. de expediente

DNI

Acto notificado

LU-2019/00046

34881797C

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia