DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023 polo que se aproba inicialmente e se somete a información pública a aprobación inicial da separata do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na Plisan TT MM Salvaterra de Miño-As Neves, vía de sistemas xerais de acceso rodado.

De conformidade co establecido na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, a separata do proxecto construtivo do apartadoiro ferroviario na Plisan TT MM Salvaterra de Miño-As Neves, vía de sistemas xerais de acceso rodado foi aprobada inicialmente e sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo