DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-RES-2023-007 e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Ourense, 12 de xullo de 2023

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

OU-RES-2023-007

Marius Florin Sali

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2023-022

Hormigones Avia, S.L.

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2023-025

Iliuta Nicolae Marcu

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2023-047

Antonio Jorge Paco Velo

Acordo

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-049

Manuel Justo Justo

Acordo

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-055

Manuel Vizoso Menor

Acordo

Pola xefa territorial

OU-RES-2023-058

Aaron Jiménez Romero

Acordo

Pola xefa territorial