DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46323

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Tenis de Mesa

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023 polo que se corrixen erros do anuncio de modificación dos estatutos.

Advertido erro nun anuncio desta federación, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 8 de xuño de 2023, procédese á súa corrección e onde di: «Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da FGTM o 6 de marzo de 2023 e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 12 de maio de 2023, procédese ao anuncio da modificación dos estatutos cuxa copia íntegra se deposita no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia e se publica na web https://www.fgtm.es», debe dicir: «Na Asemblea Xeral da FGTM do 6 de marzo de 2023 acordouse o cambio de domicilio social da federación, segundo o artigo 5 dos seus estatutos, sen que tal acordo implique modificación estatutaria. O novo domicilio social inscribiuse no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia o 24 de abril. O 22 de xuño depositáronse no dito rexistro os estatutos da FGTM co novo domicilio social. Os estatutos están publicados na páxina web https://www.fgtm.es».

Oroso, 30 de xuño de 2023

Nuria Castro Iglesias
Presidenta