DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 10 de xullo de 2023, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 208, 209, 211 e 212 do polígono 78, do concello de Antas de Ulla (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 10 de xullo de 2023, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 208, 209, 211 e 212 do polígono 78, do concello de Antas de Ulla (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 17 de abril de 2023.

Lugo, 11 de xullo de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo