En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos seus poderes adxudicadores dependentes delas; expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e no disposto na demais normativa que resulta de aplicación:
1. Datos xerais.
1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.
1.12. Servizo do cal se poida obter información sobre o encargo formalizado.
1.12.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.12.4. Código postal: 15781.
1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.12.6. Fax: 981 95 74 03.
1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.
2. Encargo a medio propio personificado.
2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.2. Obxecto: execución do servizo de apoio e asistencia técnica á zona hidrográfica Galicia Sur de Augas de Galicia na tramitación de autorizacións de usos privativos por disposición legal, concesións de augas e obras e traballos en zona de policía de leitos.
2.3. Clave de expediente: ENC.23009.
2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV 71300000-1 (Servizos de enxeñaría).
2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES.114.
2.6. Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) con NIF A28476208.
2.7. Data de aprobación: 21 de xuño de 2023.
2.8. Data de formalización: 3 de xullo de 2023.
2.9. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 5 de xullo de 2023.
2.10. Orzamento e importe total previsto do gasto:
2.10.1. Orzamento: 200.547,82 euros (actuación non suxeita a IVE).
2.10.2. Importe total previsto do gasto: 501.369,55 euros. Coincide co orzamento do encargo.
2.11. Duración:
2.11.1. Prazo de execución: 24 meses.
2.11.2. Admisión de prórrogas do encargo: non proceden prórrogas con incremento do gasto.
2.11.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que foran necesarias.
2.12. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental do encargo publicada no perfil de contratante.
Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
Non procede.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia