DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46164

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

ANUNCIO do 5 de xullo de 2023 de exposición pública do expediente colectivo de prescrición de débedas de prezo público.

Mediante a Resolución da Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 do 5 de xullo de 2023, acórdase iniciar o expediente para a declaración da prescrición das liquidacións de prezos públicos pola prestación de servizos de asistencia sanitaria anteriores a 2013 en aplicación do previsto na Instrución IS3-07 de prescrición das liquidacións de prezos públicos, polo importe total de 332.241,21 €: trescentos trinta e dous mil, douscentos corenta e un euros con vinte e un céntimos.

En aplicación do previsto na devandita resolución anúnciase a apertura do trámite de audiencia do expediente colectivo de prescrición de débedas de prezo público, por un prazo de quince días, podéndose consultar as liquidacións afectadas no portal de transparencia da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no seguinte enderezo electrónico: https://061.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=4&idContido=512&migtab=509%3b512&idTax=30032

A Estrada, 5 de xullo de 2023

Adriana Regueira Pan
Directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061