DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 6 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente 2022/74/32.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo, Ourense, de luns a venres laborables, das 9.00 a 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que de non atender o acto, practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.

Ourense, 6 de xullo de 2023

Mª José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 2022/74/32.

Documento de identidade: 33542386Z.

Acto que se notifica: citación para trámite de audiencia.

Data do acto que se notifica: 4 de xullo de 2023.

Efectos xurídicos: apertura de trámite de audiencia.