A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada unha publicación completa e non parcial, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.
En consecuencia, por proposta da Axencia Galega das Industrias Culturais e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 6 de xullo de 2023, adoptou o seguinte
acordo:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de xullo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública