DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente SAI IN actas 2023/2.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuarse realizaranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselles aos interesados que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 10 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN actas 2023/2.

NIF: E15144579.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Ferrol.