DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se modifica, por unha modificación substancial e outra non substancial, a autorización ambiental integrada outorgada a Aluminios Cortizo, S.A. para o complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio situado en Estramundi, nos concellos de Padrón e Rois (A Coruña) (expediente 2022-IPPC-M-37 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio en Estramundi

Procedemento: modificación substancial e non substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2007/0272_NAA/IPPC_222

Localización: concellos de Padrón e Rois (A Coruña)

Expedientes: 2022-IPPC-M-37 e 2023-IPPC-M-28

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático