DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A e outro máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 23 de xuño de 2023

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00070-I/00

34975575G

Suspensión do 23.5.2023

36/00809-I/07

36091132S

Suspensión do 23.5.2023

36/00490-I/17

36086462Z

Suspensión do 25.5.2023

36/00264-I/23

42034232F

Denegación do 15.5.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00325-X/14

39486751Y

Extinción do 24.5.2023