DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Ahospgal-Asociación de Hospitales Privados de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos de Ahospgal-Asociación de Hospitales Privados de Galicia.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: a Asociación desenvolverá as súas actividades no ámbito profesional da hospitalización xeral privada.

– Asinantes: José Ignacio Vidal López e David Morante Sueiro.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais