DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador MON-LU-0104/2019-CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorarse o lugar de notificación, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 7 de xullo de 2023

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 1.7.2019)
María Pérez Folgueira
Xefa de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Expediente: MON-LU-0104/2019-CSA.

NIF interesado/a: 44491536Z.

Acto notificado: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.