De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
Acto que se notifica |
Ref. catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
Orde de execución (expediente 1463/2023) Resolución inicio O.E. do 30.6.2023 |
360012A066009900001XD (polígono 66, parcela 990) |
Boliñas-Aguasantas |
Digna Pérez Rajo |
Orde de execución (expediente 1499/2023) Resolución inicio O.E. do 30.6.2023 |
360012A066009340000ZG (polígono 66, parcela 934) |
Boliñas-Aguasantas |
José Morales Vilas |
Orde de execución (expediente 1500/2023) Resolución inicio O.E. do 30.6.2023 |
360012A066009830000ZX (polígono 66, parcela 983) |
Boliñas-Aguasantas |
En investigación |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (Chan-Carballedo, 11, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.
O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Cerdedo-Cotobade, 3 de xullo de 2023
Jorge Cubela López
Alcalde presidente