DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45079

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

Mediante a Resolución do 12 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, deuse publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2023, a cal foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do 24 de maio de 2023.

Advertido un erro na dita resolución, é necesario facer a seguinte rectificación:

Na páxina 31.250, débese incluír o convenio indicado a seguir, que se engade aos xa publicados.

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado do Igafa no ano 2023

Sen custo económico

28.4.2023