En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómica, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e do disposto na demais normativa que resulta de aplicación:
1. Datos xerais.
1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal, 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.
1.12. Servizo do cal se poida obter información sobre o encargo formalizado.
1.12.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.12.4. Código postal: 15781.
1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.12.6. Fax: 981 95 74 03.
1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.
2. Encargo a medio propio personificado.
2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.
2.2. Obxecto: execución do proxecto OH.532.838 de mellora das redes de saneamento e abastecemento no núcleo rural de Laza, Laza (Ourense).
2.3. Clave do expediente: ENC.23003.
2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV principal 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais); y CPV adicional 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación ES113.
2.6. Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), con NIF A70096557.
2.7. Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 30 de maio de 2023.
2.8. Data de aprobación: 13 de xuño de 2023.
2.9. Data de formalización: 15 de xuño de 2023.
2.10. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 19 de xuño de 2023.
2.11. Orzamento e importe total previsto do gasto:
2.11.1. Orzamento: 167.156,76 euros (actuación non suxeita a IVE).
2.11.2. Importe total previsto do gasto: 167.156,76 euros. Coincide co orzamento do encargo.
2.12. Duración:
2.12.1. Prazo de execución: 4 meses.
2.12.2. Admisión de prórrogas do encargo: non proceden prórrogas con incremento do gasto.
2.12.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que fosen necesarias.
2.13. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental do encargo publicada no perfil de contratante.
3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
Esta actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de Investimento 13.i Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4 Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5 Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación Mellora das redes de saneamento e abastecemento no núcleo rural de Laza, Laza (Ourense).
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia