DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de aprobación inicial do documento da modificación puntual número 7 das normas subsidiarias de planeamento para a delimitación dun sector do solo urbanizable de uso industrial.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do día 25 de maio de 2023, acordou a aprobación inicial da modificación puntual número 7 das normas subsidiarias de planeamento de Melide para a delimitación dun sector de solo urbanizable de uso industrial. Marzo de 2023.

En cumprimento do disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o documento aprobado a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no taboleiro de edictos, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Correo Gallego. O prazo comezará a computar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período quedará o documento á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinente, na seguinte URL:

https://sede.concellodemelide.gal/etc/L01150465/2022U032000001/15046_
MP07NNSS_202303_AI_01PDF_diligenciado.zip

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto desta modificación puntual do planeamento cuxas novas determinacións supoñan unha modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva.

Este anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Melide, 30 de xuño de 2023

José Manuel Pérez Penas
Alcalde