De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Pontevedra, 5 de xullo de 2023
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
PO-2023/00352 |
36022508T |
PO-2023/00352 |
46908043A |
PO-2023/00353 |
34297223Z |
PO-2023/00353 |
34632458R |
PO-2023/00412 |
53197502C |
PO-2023/00412 |
36172720E |