DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador MON-LU-065/2023-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle a persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 6 de xullo de 2023

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 1.7.2019)
María Pérez Folgueira
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Expediente: MON-LU-0065/2023-CAF.

NIF interesado/a: 33322385P.

Acto notificado: acordo de incoación.