A directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar (en diante,
Cetmar), en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de 1 secretaria de
Dirección e 1 auxiliar técnico de Área.
As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.
Vigo, 14 de xullo de 2023
Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar