DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2023/337-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio 9WRVEKUA//80-6 da LMTA TUI803, LMTA e RC.

Situación: concello de Tomiño.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 131 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9WQJ15Q6//80-5 da LMTA TUI803 e final no apoio 9WRVEKUA//80-6, o cal se substitúe por un C-3.000/14 e no que se instala un reconectador.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 42 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3.000/14 e final no apoio 9WR5XJ4U//80-6-1.

– O apoio proxectado C-3.000/14 esta situado na parcela 1, polígono 73, no lugar de Catusa.

– A instalación está situada na parroquia de Taborda, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/337-4.

Denominación: substitución do apoio 9WRVEKUA//80-6 da LMTA TUI803, LMTA e RC.

Concello: Tomiño.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Catusa

Rústico

36054A073000010000EU

CMVMC de Taborda

1

1,44