O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de Pablo Ramón Fernández Asensio como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Ferrol-San Cibrao, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar