DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo da entidade Galexico, S. Coop. Galega Xuvenil, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 94 e na disposición adicional novena 2.c) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea universal que tivo lugar o 8 de xuño de 2023 se aprobou por unanimidade de votos o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo de Galexico, S. Coop. Galega Xuvenil, en liquidación, con CIF F32493942 e inscrita no libro de inscrición de sociedades cooperativas do Rexistro Provincial de Ourense co número 561-OU.

O balance final de liquidación reflicte o seguinte resultado:

– Total activo: 296,48 €.

– Total patrimonio neto e pasivo: 296,48 €.

O haber social resultante para adxudicar entre os socios é de 296,48 euros que se reparte como segue:

– David Pérez Pérez, con DNI ***9606**, 98,83 euros.

– Patricia Velasco Pereira, con DNI ***6218**, 98,83 euros.

– Borja Rodríguez Pérez, con DNI ***9377**, 98,82 euros.

Ourense, 3 de xullo de 2023

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense