DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de notificación da comunicación e do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tendo intentado a notificación ás persoas responsables, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Coristanco, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte das persoas responsables que a continuación se indican da obriga de xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

14.3.2023

5794302NH1759S0000YS

Lg. Outeiro-A Agualada

Claudia Esmoris Lema

14.3.2023

5794302NH1759S0000UD

Lg. Outeiro-A Agualada

Caludia Esmoris Lema

14.3.2023

15029A03000778

Avda. da Coruña-A Agualada

Carlos Horacio Lema Martínez

14.3.2023

9522202NH1892S0001MU

Lg. Vilarello-Coristanco

Herdeiros Carmen Barca Casal

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e da retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectadas pola execución subsidiaria

Estimación de prezo por ha

Liquidación
provisional

2023/X999/000045

5794302NH1759S0000YS

0,09 ha

5.713,88 €

514,25 €

2023/X999/000045

5794302NH1759S0000UD

0,12 ha

4.285,42 €

514,25 €

2023/X999/000045

15029A03000778

0,4527 ha

8.018,55 €

3.630,00 €

2023/X999/000045

9522202NH1892S0001MU

0,12 ha

3.529,17 €

423,50 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Coristanco, 16 de xuño de 2023

Juan Carlos García Pose
Alcalde