DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2023/169-1).

Expediente: IN407A 2023/169-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Lombiña.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

1. Características técnicas:

Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas e equipamento de telecontrol e telexestión, que se vai instalar na parcela con referencia catastral 5953101NH0155S0001DK sita no lugar de A Garita.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 2×719 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe e remate nos empalmes MT que se realizarán en arqueta existente emprazada no punto quilométrico 1+088 da estrada DP-6705 sobre o treito soterrado da LMT PMR-816 autorizado no expediente IN407A 2014/168-1, comprendido entre o CT Devesa-Xobre (expedientes 27.254, IN407A 1996/254-1 e IN407A 2016/1713-1/matrícula: 15AZ70) e o CT Pedrosa (expediente IN407A 2014/168-1/matrícula: 15CLJP), tras entrar e saír no novo CT proxectado.

Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polos CT Devesa-Xobre e Cabío (expedientes IN407A 1996/254-1 e IN407A 2016/2854-1/matrícula: 15ADP9), mediante a instalación de tres (3) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 623 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizarán nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes pertencentes á saída 2 do CT Devesa-Xobre e ás saídas 1 e 2 do CT Cabío e na instalación de 106 metros de condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) en substitución dos condutores existentes tipo RZ 3(1×50/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 2(1×25 mm2 Al).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 26 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Lombiña.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Domínguez Rego

5953101NH0155S0001DK

Lugar da Garita

CT e acceso

17,81

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño