DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de xullo de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

34292471T

34292471T/28-04-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34634555M

34634555M/18-04-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Barco de Valdeorras, O

35648609N

35648609N/11-04-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

48779631N

48779631N/27-04-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Outeiro de Rei

X9604998Z

X9604998Z/07-03-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

32695300H

32695300H/24-08-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33326276N

33326276N/01-11-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33538033P

33538033P/24-08-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33555947M

33555947M/05-04-2023/2.2.B

Resolución de procedemento sancionador

Guitiriz

34309780J

34309780J/09-01-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Corgo, O

36159718S

36159718S/28-12-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Sarria

48113902H

48113902H/24-02-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Guitiriz

Y7197116Q

Y7197116Q/13-04-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo